Neuston: A ciencia faise arte

O proxecto activa o diálogo entre creadores e científicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

O neuston é a comunidade de organismos que viven asociados á superficie do mar, entre a auga e o aire. Non nos debe estrañar entón que este termo fose seleccionado para denominar o primeiro proxecto de combinación entre arte e ciencia que comezou hai un ano no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Estudos sobre polbos, virus ou procesos químicos foron a base dun proceso de diálogo polo que quince parellas de investigadores e creadores desen luz a outras tantas propostas creativas. Agora, este traballo amósase no Euroscience Open Forum (ESOF) que se está a celebrar desde o pasado día 18 en Barcelona, e dentro de pouco poderemos velo no noso país.

Galeria Neuston
1/15
XOSÉ ANTÓN ÁLVAREZ–SALGADO – VÍCTOR FREIXANES
2/15
EVA BALSA – MARTÍN CAEIRO
3/15
ANTONIO FIGUERAS – MIGUEL VÁZQUEZ
4/15
JOSÉ M. FRANCO – GONZALO NAVAZA
5/15
JOSÉ LUIS GARRIDO – DIN MATAMORO
6/15
ÁNGEL GUERRA – MIGUELANXO PRADO
7/15
CARMEN G. SOTELO – XAVIER QUEIPO
8/15
MIGUEL ANXO MURADO – VÍTOR VAQUEIRO
9/15
FRAN SABORIDO REY – MANUÉL VILARIÑO
10/15
MARTA L. CABO – MARILAR ALEIXANDRE
11/15
ISABEL MEDINA – FRAN ALONSO
12/15
SANTIAGO PASCUAL – ROSA ANEIROS
13/15
JOSÉ PINTADO – FERNANDO CASÁS
14/15
MIQUEL PLANAS – MANUEL SENDÓN
15/15

“Aínda que nun comezo estaba previsto que fose un libro, despois xurdiunos a posibilidade de o presentar no ESOF, e fixemos esta mostra”. José Pintado, comisario do proxecto desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, foi o responsable de coordinar tan dispares parellas. Por difícil que pareza, o proxecto conseguiu facer a partir da análise dos calamares xigantes unha banda deseñada, ou dos procesos de conservación dos alimentos un conto. “A partir de traballos coma os de Antonio Alonso sobre Enxeñaría de Procesos, Pepe Cáccamo fixo un poema. Miguél Vázquez fixo unha escultura baseada nas estruturas dos virus que estuda Antonio Figueras, Rosa Aneiros ou Fran Alonso fixeron contos... houbo moitos proxectos”.

Entre o venres 18 e o martes 22 de xullo o proxecto poderá verse no ESOF, onde fai parte das propostas do Centro Superior de Investigacións Científicas neste importante encontro no que se reflexiona sobre ciencia e sociedade. Alí unha serie de paneis amosan por unha banda os resumos dos artigos científicos sobre os que se desenvolveu o diálogo e pola outra as obras rematadas.

Está previsto que para finais deste ano ou comezos do vindeiro, o proxecto visite o Museo do Mar de Vigo e os organizadores pretenden que poida facer tamén unha xira por distintos centros de carácter científico e divulgativo do país.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Vigo, Barcelona, Rosa Aneiros...

Claves

Protagonistas
Lugares