Berta Dávila faise co premio Biblos

Desenvolverá a obra Bailarei sobre a túa tumba coa titoría de Fernández Paz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Bailarei sobre a túa tumba é o proxecto de novela coa que Berta Dávila, estudante de Filoloxía Hispánica, acaba de se facer co premio Biblos-Pazo de Galicia. O fallo decidiuse na noite do pasado día 18 durante unha cea literaria na Casa Grande de Bachao. O xurado destacou a madureza dunha obra que amosa o mundo dos nados durante os anos oitenta, unha quinta que autora denomina "xeración xabarín". A gañadora disporá agora unha estancia neste aloxamento para completar esta obra baixo a titoría de Agustín Fernández Paz, secretario do xurado, e verá publicado o seu traballo en galego e castelán antes do fin do ano. Na mesma sesión acordouse que Zeltia Ribeiro fose a finalista desta edición.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berta Dávila, Biblos, Agustín Fernández Paz, Zeltia

Claves

Entidades
Conceptos