Fernández del Riego e Ramón Villares reciben cadanseu premio de xornalismo e Iria López gaña o certame de Biblos

Días de premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O académico Francisco Fernández del Riego recibe hoxe en Vigo o premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres que organizan a Universidade de Santiago e o Concello de Cuntis. Outro egrexio premiado é o catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, que foi elixido polo xurado do XLVII Premio Fernández Latorre de Xornalismo pola obra “Galicia siglo XX” publicada e distribuída semanalmente polo xornal La Voz de Galicia. E tamén foi un fin de semana de premios para unha futura promesa, Iria López Teijeiro, de Fene, que con vintecatro anos é a gañadora do premio Biblos-Pazos de Galicia a novelas en proxecto. Iria pasará o mes de outubro aloxada na Casa grande do Bachao para rematar a súa novela en cernes, “Contracorrente”, coa axuda e titoría de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Máis información en Galicia Hoxe
en sobre o premio Fernández Latorre en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Ramón Villares, Biblos, La Voz de Galicia...