Vigo con Caixanova na Rúa e Ferrol con Recrearte comezan as actividades culturais ao ar libre para o verán

Comezan as actividades de rúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Caixanova na Rúa é o nome do novo ciclo que esta entidade bancaria programa en colaboración co Concello de Vigo. Serán 60 actuacións en distintos espazos da cidade entre o 8 e o 11 de xullo. Teatro, hiphop, danza, malabares, música de diferentes estilos, ilusionismo e cinema combínanse nun proxecto que conta con 400.000 euros de orzamento. Con algo máis de veteranía, en Ferrol preparan a décima edición do seu Recrearte, un proxecto do Concello e mais da Deputación que achega á área recreativa do Castro, en Cerdido, obras de diferentes artistas. Desta volta serán María Teresa Pérez, Rafael López Loureiro, Sofía Piñeiro e Lais García os artistas que se poderán ver neste espazo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Ferrol, Danza, Cine...

Claves

Conceptos
Lugares