Baixo o nome de "Vigo cidade de concertos", o concello olÃvico ten previsto un programa de actuacións para o vindeiro ano. Un evento que se iniciará o 21 de decembro cun concerto triple no que estarán Albert Pla, Antoini Vega e a Vargas Blues Band. E paralelamente, a Universidade de Vigo tamén celebra o seu programa musical. Con estilos lixeiramente distintos, basicamente música clásica, folk e jazz preparan un programa para este nadal, que levarán por Vigo, Pontevedra e Ourense. É a hora da música.
Concertos a tope
Durante o ano que vén, o concello vigués pretende preparar unha concerto destacado, dentro das posiblidades do concello, para cada mes. É o programa "Vigo, cidade de concertos" que permitirá que a oferta de música contemporánea da cidade olÃvia sexa bastante destacada durante todo o ano, deixando de lado ós meses de xullo e de agosto, que é cando o concello celebra as súas festas patronais. Os responsables do programa apuntaban a necesidade de que, sen esquecer as posiblidades económicas do concello, se tratasen de eventos que trouxeran a grupos importantes do panorama musical internacional.
E para abrir bocado do que será este evento musical, o pistoletazo de saÃda terá lugar un concerto múltiple o vindeiro dÃa 21 de decembro no pabillón das Travesas de Vigo. Un evento presupostado en seis millóns de pesetas (36.060´73 euros) e que traerá a Albert Pla (acompañado polo guitarrista, Diego Cortés, coñecido pola súa interpretación no filme "Airbag"), a Antonio Vega (quen presentará o seu último traballo "De un lugar perdido") e á banda Vargas Blues Band.
Este primeiro concerto ten unha entrada que custa 1.500 pesetas, da venda anticipada, e 1.800 pestas en taquilla. Os puntos de venda son Discos Elepé, La Columna e Gong.
A Universidade pon ritmo musical
E a Universidade de Vigo tamén se apunta ós ciclos musicais. E faino mañá ó se iniciar no Centro Cultural Caixanova o seu ciclo musical do nadal. Un programa que inclúe catro celebracións que se sucederán en Vigo, Pontevedra e Ourense, nos que pretenden combinar música clásica, jazz e folk.
Os dous primeiros concertos terán lugar en Vigo. No de mañá o Coro de Cámars Madrigalia e a Orquestra de Cámara Galega ofrecerán un programa con obras de Brach, Britten, BerlÃn, Hairston e tradicionais. O concerto de venres correrá a cargo do Coro Universitario de Vigo cuha selección de obras de Mozart, Hendel e Althouse.
Toma o relevo de Vigo, o campus de Ourense o sábado co grupo de folk Trasmundi que presentará o seu proxecto "Raianos". E remata o ciclo o grupo de jazz de Alfonso Penela que terá lugar o 18 no Teatro Principal en Pontevedra.