A aparición dunhza calzada antiga na parroquia de Botos, en LalÃn, provocou a paralización das obras do AVE nesta zona. Agora comezan os estudos para datar e documentar este resto, descoñecido ata o momento, e comprobar se existen outros elementos nas proximidades. En Pontevedra, pola súa banda, xa teñen avanzadas as prospeccións no contorno das ruÃnas de Santo Domingo, onde xa apareceron 21 tumbas de entre os séculos XV e XVIII. Ao tempo, Cultura anunciou que investirá arredor de 20.000 euros para investigar o contorno do Monte de Agramar, en Valga, onde se sospeita que pode haber restos da mesma época. A escavación incluirá unha prospección subacuática para detectar a posible presenza dun fondeadeiro ou dunha ponte tamén construÃdos polos romanos.
Por se fosen poucas, a ConsellarÃa de Cultura anunciaba esta mesma mañá un investimento de 50.000 euros para facer escavacións no campamento romano da cidadela, en Sobrado. O traballo estará coordinado polo investigador Caamaño Gesto e centratase en catro puntos do contorno deste recinto, que estivo ocupado entre os séculos II e IV e constitúe un dos mellores expoñentes destas construcións no paÃs.
Esta actuación enmárcase nos convenios asinados pola ConsellarÃa coas tres universidades para desenvolver estudos e proxectos de divulgación do patrimonio cultural e que estan dotado con 413.000 euros.