Os restos romanos aparecidos na rúa Princesa, en Pontevedra, pertencen a dúas épocas históricas diferentes

Princesa de dous romanos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Aínda que quedan por facer os estudios finais, os indicios apuntan que os restos arqueolóxicos aparecidos na rúa Princesa, en pleno casco antigo pontevedrés, pertencen a dúas épocas históricas diferentes. As distintas profundidades ás que apareceron os restos, así como a estructura destes deixan clara a separación entre eles. Un muro e varios foxos cheos de terra por unha banda e o que semella a estructura dun edificio con pavimento interior conforman as distintas pegadas romanas que apareceron inesperadamente na zona. Os encargados da escavación sinalaron que as prospeccións continuarán por novas partes da rúa para completar a información sobre os restos.

Máis información na edición de hoxe do Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra

Claves

Lugares