A mediados da Idade do Ferro moitos vellos castros, que naceran séculos atrás na Idade do Bronce, foron abandonados, nunha época de cambios sociais e polÃticos aÃnda enigmáticos e pouco claros. O monte das Croas, que está a ser escavado polo Concello de Pontevedra, pertence a ese grupo especial de castros que xa eran ruÃnas cando os romanos chegaron a Galicia. Falamos co seu equipo.
No ano 1993, o arqueólogo Antonio de la Peña escavou o castro do Monte das Croas (Salcedo, Pontevedra). Era a segunda campaña que se realizaba no castro, pero De la Peña suxeriu dúas hipóteses sobre o lugar: que non fora chegado a construÃr totalmente e que o castro era moi antigo, moito máis que outros castros galegos. De la Peña sabÃa de que falaba: boa parte da década pasada tiña escavado no castro de Torroso (Mos), unha acrópole que amosaba antiquÃsimas cronoloxÃas, naquel momento aÃnda nada habituais no mundo dos castros. Os niveis de Torroso databan do século VII a.C., é dicir, nos albores da cultura castrexa. Nas Croas de Salcedo De la Peña recoñeceu, e as probas de Carbono 14 confirmáronllo, que o horizonte das Croas era tamén moi antigo, de ao redor do século VI a.C.
Un cambio de idea
A nova campaña que se está a levar a cabo no castro das Croas, promovida polo concello de Pontevedra, confirma parcialmente as conclusións da campana anterior, pero non todas. "Cambiou a visión un pouco", afirma Eduardo Méndez, arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos e director da intervención. "Na campaña anterior observaron unha serie de acumulacións de pedra pegadas á muralla e que prácticamente non saÃa nada de material asociado ás estruturas, de aà que se pensara que o castro non fora rematado". A maior superficie explorada nesta campaña abre unha nova perspectiva: "O que estamos vendo é que esas acumulacións de pedra da muralla son en realidade unha especie de reforzos exteriores e si nos está aparecendo bastante material asociado a esas estruturas".
Os reforzos non son pouca cousa: a muralla ten unhas dimensións máis que notables, con case dous metros de ancho e, na actualidade, o alzado aÃnda mantén un metro cincuenta de altura. "Posiblemente a muralla acadase na orixe os dous ou tres metros de altura, complementado se cadra con madeira", sinala Eduardo Méndez.
Se a hipótese do castro sen rematar non se verificou, o equipo actual si confirmou a outra hipótese de De la Peña sobre a antigüidade do sitio arqueolóxico. "Estamos tomando moitas mostras para poder medir con precisión, pero a raÃz da análise da cerámica, moi basta, nos está situando claramente nos periodos iniciais da cultura castrexa". Para Eduardo Méndez, o castro foi habitado de xeito continuo durante un periodo de tempo aÃnda indeterminado, e abandonado, "alomenos a parte na que estamos a traballar", ao redor do século V a.C. É dicir, cando aÃnda estaban por seren fundados enclaves coma o castro de Baroña ou San Cibrán de Lás. Un galaico da Idade do Ferro ‘clásicaÂ’ en Galicia, no século II a.C. mirarÃa para o interior de Salcedo e xa verÃa alà as ruÃnas dun vello castro.
As dúas épocas dos castros
Iso é profundidade histórica! O certo é que os arqueólogos teñen ben identificados dous grandes periodos na Idade do Ferro galega. Segundo César Parcero, investigador do CSIC, a transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro –un amplo periodo entre o final do primeiro milenio e o século VII a.C.- os castros son pequenos, adoitan emprazarse en lugares de moita altura, con pouca produtividade das terras asociadas, e vinculados a lugares de paso. Pola contra, na segunda Idade do Ferro (máis ou menos, do século IV a.C. ata a conquista romana), os castros adoitan seren construÃdos no fondo dos vales, preto dos recursos agrarios, as terras de cultivo e os rÃos, no lÃmite entre o monte e o solo fértil. Máis ou menos como as aldeas galegas actuais.
Abandonos sen resposta
O curioso do Monte das Croas é que, pola súa ubicación, pertencerÃa a esta segunda fase central do periodo castrexo, pero sen embargo, por cronoloxÃa, mergúllase nun mundo notablemente antigo, ese mundo anterior de castros altos e pequenos. Os arqueólogos aproveitaron a escavación previa de De la Peña para ampliar a investigación a partir de aÃ. Substancialmente, os tramos da muralla e unha gran cabana, de sete metros de longo, que confÃan en teren escavado completamente a finais de semana –cando remate a campaña deste ano- e na que xa comeza a aparecer o nivel fértil de materiais arqueolóxicos.
Ata o momento, o material achado –cerámica e muÃños- fala dunha sociedade campesiña que abandonou o lugar hai dous mil cincocentos anos. "Este comportamento tamén é habitual noutros castros antigos, que son abandonados despois dunha intensa ocupación ao inicio da cultura castrexa, como Punta Langosteira en A Coruña ou o de Torroso", sinala Eduardo Méndez. Os arqueólogos adoitan coincidir en que este curioso fenómeno está falando dun importante cambio social a mediados da Idade do Ferro, no que os intereses e as estratexias de individuos e grupos humanos fanse distintos. Pero carecemos de documentos que expliquen ese proceso. Por que marcharon os habitantes do Monte das Croas? Será algo moi difÃcil de saber.
Un castro de usos públicos
Se a Administración no seu momento esquenceu a existencia deste lugar -de feito a croa está literalmente cuberta con material de recheo da autoestrada, xa que o lugar se empregou como depósito das obras-, o certo é que durante os seguintes milenios o castro continuou ocupando un lugar ben importante na vida das xentes de Salcedo. Rafa QuintÃa, un dinámico antropólogo pontevedrés, está a realizar o traballo de campo para coñecer "non só o patrimonio inmaterial, senón tamén os usos do castro no tempo: agrarios, forestais ou sociais". Ao ser monte en man común, As Croas desempeñou as funcións de espazo público para as xentes de Salcedo: "foi un lugar de agregación: facÃanse entroidadas, encerradas, ritos de curación no cruceiro, era un espazo de xogo dos rapaces ou mesmo vÃñase a el a coller a carrasquiña, unha das prantas das herbas de San Xoán".
A memoria recollida de Salcedo estalles permitindo saber ao equipo como era esta croa antes da escombreirada da autoestrada, que a aplanou coma un prato. "Cóntannos que habÃa casotas, muros circulares, e mesmo se anegaban", di Rafa QuintÃa, "pensamos que se están a referir ás cabanas do castro". O antropólogo mesmo puido rastrexar a lenda da moura recompilada e publicada por Leandro Carré Alvarellos no ano 1969, con numerosÃsimas variantes que cambian de aldea en aldea, das que rodean ao castro. Lendas de túneles e de mouras, pero curiosamente non de mouros.
ContarÃan lendas similares os habitantes dos numerosos castros de Pontevedra que chegaron ata época romana sobre a vella cidade das Croas de Salcedo? Posiblemente nunca o saibamos.