O Verbum acolle o ciclo de telefilmes e documentais de Cinemas Dixitais

Cinemas a un euro

Desde o 3 ao 19 de xuño o Verbum de Vigo acolle un ciclo de telefilmes e documentais. Fai parte do programa “Cinemas dixitais” que organiza a Axencia Audiovisual Galega que presenta traballos galegos relacionados co urbanismo, a memoria histórica, a emigración e os movimentos sociais. A entrada é de balde.