Primeiro foi o momento dos telefilmes e agora chega o dos documentais. O programa “Cinemas Dixitais” que, segundo a nota de prensa da ConsellarÃa de Cultura, quere “achegar o cine ás localidades que non teñen pantalla de cine”, céntrase agora nos documentais. A vivenda e urbanismo, a memoria histórica, a emigración e os movementos sociais son os eixes deste programa que inclúe 18 documentais. O traballo de Paco Lodeiro, “Os satélites”, abrirá no Fórum Metropolitano da Coruña este ciclo de proxeccións.