Os concellos e a Televisión de Galicia amosarán películas feitas en países árabes

Cine dixital.... e árabe

18/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Axencia Audiovisual Galega e o Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal xuntaron os seus esforzos para poder achegar ao público galego o cine árabe. Un acordo que ten lugar en dúas frontes: unha cun ciclo de cine que fai parte do programa “Cinemas dixitais”, que achega producións audiovisuais aos concellos; a outra a través da Televisión de Galicia que emitirá as películas que se viron na última edición do Festival de Cine Amal en versión original subtitulada.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Televisión de Galicia, Amal, Axencia Audiovisual Galega...