A mostra de cine árabe Amal pasa á categoría de festival na súa nova edición

Festival árabe en Compostela

13/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un festival de cine árabe nun dos máis importante centros de peregrinación cristiá do mundo. Soa paradoxal pero é o que acontece coa celebración do Festival Amal, que organiza a Fundación Araguaney e que traerá a Compostela as últimas novidades do cine árabe, entregando ademais premios aos mellores actores, actrices, guións, documentais, filmes e directores, ademais dun premio especial do público. Este é o primeiro ano que este evento adquire carácter de festival, xa que ata o de agora era unicamente unha mostra de cine. O festival desenvolverase entre os días 24 e 30 de outubro.

Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Documentais, Galicia Hoxe...