A Axencia Audiovisual Galega leva polas vilas de Galicia un ciclo con 135 curtas

O proxecto selecciona traballos de diferentes épocas e de temáticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde a adaptación animada dun conto de Saramago (A flor máis grande do mundo, 2006) ata a visita diaria dunha nai ao correo esperando ter novas do seu fillo emigrado (Mamasunción, o clásico de Chano Piñeiro de 1984) pasando por un documental a partir da obra de Sartre (A mirada, 1992) son algúns dos traballos que fan parte do ciclo “Curtametraxes. O pequeno é fermoso" que presenta a Axencia Audiovisual Galega. O proxecto escolma 135 traballos de todo tipo de temática dos últimos 25 anos agrupados en 20 categorías. O ciclo asistirá a 169 vilas galegas, as mesmas que fan parte da rede de exhibición "Cinema Dixitais" creados pola Axencia hai un ano.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Audiovisual Galega, Chano Piñeiro, Documental, Cine

Claves

Protagonistas
Conceptos