Comeza en Vigo a VI edición de Curtas na rúa

Rubén Darío e Iván Villamel fixeron a escolma dos 22 traballos

Curtametraxes con gran percorrido e repercusión por festivais internacionais agrupados en varias temáticas poderanse ver a partir de hoxe en Vigo no marco da VI edición de Curtas na rúa. A cita ábrese cunha escolma de traballos galegos á que seguirán tres días de proxeccións. Entre as novidades deste certame organizados pola Asociación de Comerciantes Zona Centro é que os sectores Rubén Darío e Iván Villamel foron os encargados de facer a selección do material. O festival exhibirá curtametraxes pero fará unha excepción para proxectar "Sempre Xonxa", a longametraxe de Chano Piñeiro no marco dunha retrospectiva sobre a súa figura.

Programa
Xoves 27 - Especial Galicia
-"Vigo. Lo siento"
-"Mi primera vez en Vigo"
-"Un tipo cualquiera"
-"El bicho"
-"Osito Rosa"
- Reprospectiva Chano Piñeiro - Proyección "Sempre Xonxa"

Venres 28 - Drama e Comedia
-"70 m2"
-"Curvas"
-"Picnic"
-"Quimera"
-"Piedra, papel y madera"
-"Akerbeltz, las brujas y el inquisidor"
- "Le llamaremos Bobby"
- "Prometeo"
- "La mirada circular"

Sábado 29 - Terror e Fantasía
-"8"
-"Leyenda"
-"Refugio 115"
-"Juan con miedo"
-"Decapoda Shock"
-"Historia Muerta"
-"¿Por qué desaparecieron los Dinosaurios?
-"Jugando con la muerte"