Margarita Ledo consegue o premio Nacional de Cine e Audiovisual

Cinematografía nacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Esta fin de semana coñecéronse os catro primeiros gañadores dos Premios Nacionais da Cultura que acaba de crear a Consellaría de Cultura. Un galardón dotado con 15.000 euros e que no eido do Cinema e o Audiovisual, recaeu na profesora Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951). A súa faceta como cineasta, investigadora, profesora, promotora e divulgadora, tanto no país como no panorama internacional da imaxe, foron os méritos polos que o xurado decidiu concederlle este galardón. Margarita Ledo Andión é escritora, cineasta e actualmente catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Margarita Ledo Andión, Comunicación Audiovisual, Universidade de Santiago de Compostela...