A escritora, cineasta, Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega Margarita Ledo converteuse onte na primeira muller en ser galardoada co Premio Otero Pedrayo. O galardón que convocan anualmente as catro deputacións do paÃs fai historia logo de corenta anos de traxectoria co ditame da comisión encargada da selección, que apostou de xeito unánime por unha proposta presentada pola Deputación de Pontevedra.
Entre os méritos que se lle recoñecen á homenaxeada apúntase "a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia polÃtica, o exilio e o lectorado de galego na Facultade de Letras da Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos portugueses e galegos", ademais de salientar que "foi pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre tendo presente a perspectiva de xénero en todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas." Por último, tamén se referenciou que "foi unha defensora, a través de toda a súa traxectoria, do idioma galego con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da penÃnsula Ibérica e do mundo."
Nado para "perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento, premiar un labor que constituÃa unha contribución eminente á cultura galega, e promover os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanÃa e institucións", o premio está dotado con 16.000 euros en metálico.