Quiosco: Os desafíos da educación no novo número de Grial

Iniciamos o noso Quiosco da Cultura

27/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedadequiosco
25 lecturas | Compartido 0 veces

Grial 177

Un espazo monográfico coordinado polo finado sociólogo Xan Bouzada e reflexións sobre bioética na última entrega da revista de cultura da Editorial Galaxia

“A escola configúrase como a gran ferramenta social dos tempos modernos”, asegura Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, no último número, a 177, da revista Grial, “o que propoñemos neste número de Grial é unha reflexión sobre o sistema, as estratexias e mesmo nalgún caso as políticas educativas”. A educación é, pois, o tema central da revista, cun conxunto de artigos que estiveron coordinados por Xan Bouzada, o sociólogo da cultura finado recentemente, e que conta con artigos de Mariano Fernández Enguita, Jurjo Torres, Jordi Adell, Rafael Feito ou José Antonio Caride e Héctor Pose.

A maiores, a Grial deste trimestre contén unha conversa con Manuel Vilariño, realizada polo fotógrafo Vítor Vaqueiro e, no apartado de Ciencia, unha reflexión sobre “O ADN e a vida artificial” levada a cabo por Daniel Soutullo, especialista en Bioética e algunha curiosidade histórica, como un artigo realizado polo catedrático Francisco Díaz-Fierros sobre a presenza do frade dominico galego Tomé de Lemos no proceso da Inquisición contra Galileo Galilei.


Do mesmo ámbito

05/02/2026

Quiosco: Grial 248

As novas tecnoloxías protagonizan a nova entrega da revista da Editorial Galaxia

08/03/2023

Quiosco: GRIAL 236

A revista ofrece un monográfico sobre a relación entre educación e cultura e revisa o legado de Xoán González-Millán

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Educación, Editorial Galaxia, Francisco Díaz-Fierros...