O Auditorio de Galicia acolle deste onte os traballos de tres creadores bascos que obtivoern os premios Gure Artea que outorga cada dous anos o Goberno Basco e que leva a tres artistas do paÃs a facer dúas exposicións colectivas fóra de Euskadi. Logo de pasar por Barcelona, os trabllos de Manu Muniategiandikoetxea, Javier Alkain, Itziar Okariz chegan a Compostela. Mentres, na Coruña poden verse de hoxe as "Trece estampas da traición" realizadas por Seoane durante a Guerra Civil.
Tres artistas bascos
Os tres gañadores do premio Gure Artea do ano 2000 achegan a súa obra ó Auditorio de Galicia logo de ter pasado por Pontevedra. A mostra é parte das programadas para os gañadores do certame que convoca cada dous anos o Goberno Basco. O premio para os gañadores son algo máis de 12.000 euros, a edición dun catálogo individual, e a realizaicón de tres mostras, unha nunha cidade basca e dúas fóra de Euskadi.
Os artistas presentes nesta mostra son Manu Muniategiandikoetxea, Javier Alkain e Itziar Okariz. Os seus traballos van desde a pintura minuciosa e feita a base de tramas de Alakin ás cores fortes e ás formas xeométricas de Muniategiandikoetxea ou ás creacións videográficas de Itziar Okariz que reflexionan sobre a feminidade a partir das súas propias imaxes.
Seoane e a tracición
As imaxes coas que Seoane retratou a Guerra Civil e que foron publicadas no álbum "Trece estampas da traición" en 1937 poden verse desd esta tarde na sala de exposicións Durán Loriga. Antes de verse recompiladas, a estampas apareceron na revista "Galicia libre", editada polos galegos do bando republicano. Nos debuxos poden verse retratos caricaturescos de persoeiros coma Franco, o xeneral Mola, ou Juan March. A inauguración da mostra contará coa presencia de Isaac DÃaz Pardo, Xesús Alonso Montero e VÃctor Manuel Santidrián Arias, e poderá visitarse ata o dÃa dez de marzo.