Curtocircuíto crea a categoría de mellor curta do Estado e incrementa a contía dos seus premios

A invasión pequena

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Curtocircuíto xa está en marcha. En primeiro lugar porque a convocatoria do seu concurso de guións está aberto ata o vindeiro 8 de xuño e, en segundo lugar, porque esta mañá os seus responsables presentaron a programación desta quinta edición. Curtocuircuíto aumenta as contías dos seus premios (200 euros no caso da curta galega e 100 no do público), amplía a semana oficial pasando a durar agora sete días (17-24 de outubro) e crea unha categoría para galardoar os mellores traballos feitos en España. Ademais, o certame ten este ano unha edición de transición xa que a concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Manuel Iglesias, pásalle o testemuño á de Cultura, para que Néstor Rego integre o certame na súa división de audiovisual.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Manuel Iglesias

Claves

Protagonistas
Entidades