O madrileño Daniel Utrilla faise co premio de guións de Curtocuircuíto por “A princesa ledicia”

Plató sen Compostela

25/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Trátase dun conto de fadas que reflexiona sobre a amizade” explicou o concelleiro de promoción económica, Xosé Manuel Iglesias, na rolda de prensa de presentación do gañador do certame de guións “Compostela Plató” de Curtocircuito. O premio desta edición foi para o madrileño Daniel Utrilla que presentou “A princesa ledicia” que combina imaxe real e animación en 2D. O premio consiste na produción do traballo, que se levará a cabo no mes de xullo en Santiago. A produtora Mamen Quintas destacou a dificultade desta produción que se desenvolverá principalmente en interiores.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Iglesias, Animación, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos