Remata Curtocircuíto coa gala de entrega de premios

Na sesión estrearase A princesa Alegría, gañadora do concurso de guións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Teatro Principal acolle hoxe a gala de entrega de premios de Curtocircuíto. O encontro comezará ás 21:30 e entregará os premios á mellor curtametraxe internacional de ficción, animación, e documental, á mellor curtametraxe da sección Explora-Galicia Dixital, á mellor curta feita en España e á mellor curtametraxe galega. Ademais, tamén se coñecerá o gañador do Premio do Público como resultado da votación dos asistentes ás proxeccións. Despois da entrega proxectaranse os traballos gañadores. Ademais, hoxe tamén se poderá ver A princesa Alegría, gañadora do concurso de guións, así como os traballos feitos ao longo dos cursos celebrados no marco desta edición.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Animación, Documental, Teatro...