Don Señor e o Home do Soño faise co premio á mellor curta galega de Curtocircuíto

Na gala estreouse A princesa Alegría, gañadora do premio de guión

27/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Coa entrega de premios, esta fin de semana púxose fin á edición de 2008 de Curtocircuíto, o programa de promoción da curtametraxe de Santiago. Ademais do premio para a produción galega, o palmarés conta cos nomes doutros traballos. Nos premios internacionais nas diferentes categorías, o de ficción recaeu en Smáfuglar de Rúnar Rúnarsson, documental en Was Uebrig Bleibt, e o de animación foi compartido entre John and Karen e Skhizen. O recoñecemento do público foi para Rolla Saor do irlandés Cattel Waters e o Premio Explora para o canadiense Josh Raskin coa curtametraxe I met the Walrus. O premio ao mellor traballo feito en españa foi para Alumbramiento de Eduardo Chapero-Jackson. Ademais, a RTP anunciou tamén a compra de dereitos de cinco traballos para ser emitidos no seu programa de televisión Onda curta. En total, este ano repartíronse 56.600 euros en premios.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Guión, Animación, Documental

Claves

Entidades