Despois das proxeccións na rúa durante todo o verán, o certame de promoción da curtametraxe do Concello de Santiago entra nunha nova etapa. O xurado deu a coñecer onte os traballos que superaron a súa peneira e pasan á sección oficial. En total 149 traballos competirán en 4 seccións diferentes: Categoría Galega, Feito en España, Internacional (que agrupa ficción, animación e documental) e Explora (que inclúe as curtas máis innovadoras presentadas este ano). Os filmes seleccionados poderán verse no Teatro Principal do 17 ao 24 de outubro.
149 traballos competirán polos oito premios que concede Curtocircuíto
Os gañadores saberanse no trancurso dunha gala que terá lugar o 24 de outubro
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos