Arrinca a edición máis social de Curtocircuito

O festival terá lugar ata o venres 24 cando se entreguen os premios

17/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ficción, animación e documental pero todo en formato curto. Comeza en Santiago o festival de promoción da curtametraxe máis destacado de Galicia, Curtocircuito. Faino cunha programación deseñada para dar achegar este xénero a diferentes tipos de público. O exemplo máis notorio é o ciclo Grandes Curtas co que se abriu hoxe o certame e que permite que maiores de sesenta anos de toda Galicia vexan curtas pensadas especificamente para eles. Pola tarde comezan as proxeccións dos primeiros traballos as sección competitivas Internacional e Galicia. Por diante quedan sete días nos que se proxectarán 259 curtas procedentes de 38 países, ademais de exposicións, concertos, obradoiros de formación e o III Mercado Internacional, entre outras actividades.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

13/10/2009

Curtas, de mercado

Comezan as actividades paralelas do programa de Curtocircuíto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Animación, Documental, Exposicións