Comeza o mercado da curtametraxe de Santiago con máis de dous mil traballos

O encontro conta con 129 profesionais procedentes de 15 países

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comeza o mercado da curtametraxe de Santiago con máis de dous mil traballos

O programa oficial de Curtocircuíto chega ao seu ecuador. E mentres os espectadores asisten ao Teatro Principal para votar as curtas nas sección Galicia, Internacional e España, os profesionais deste xénero teñen outra cita na Fundación Caixa Galicia e no Colexio de Arquitectos. Falamos do III Mercado Internacional da Curtametraxe que conta coa presenza de 129 membros relacionados co mundo das curtas procedentes de 15 países. Profesionais que poderán acceder ao catálogo de Curtocircuíto que está composto por 2.648 curtametraxes de 93 países.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Curtas moi grandes

Curtas moi grandes

Curtocircuíto cumpre sete anos potenciando a vertente industrial das curtametraxes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Teatro, Xénero, Colexio de Arquitectos...