Maiores e pequenos adquiren protagonismo nesta edición de Curtocircuíto

Varias actividades permitirán a diferentes colectivos achegarse ao audiovisual

30/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A organización de Curtocircuíto evidencia cada día o interese por achegar este programa de promoción da curtametraxe a todos os públicos. Se hai uns días anunciou que maiores de toda Galicia chegarán a Santiago en autobús para poder ver un programa de sete curtas preparado especificamente para eles, agora chega o momento dos máis pequenos. O realizador de traballos como Minotauromaquia, Juan Pablo Etxeberry, ensinaralle aos rapaces como se fai unha curta de animación. Durante unha semana farán unha curta que se poderá ver na gala de Clausura do Festival, o 24 de outubro. Este obradoiro únese aos que xa existían para os pícaros: o de proxeccións e o de iniciación á interpretación.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Animación, Obradoiro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares