O debuxante Manel Cráneo é o autor, canda a guionista Consuelo Chaves, de Os áridos. Un día na canteira con lagartiño. Esta obra de 24 páxinas que editou a Asociación Galega de Áridos explica de xeito didáctico e para o público infantil como funciona unha destas explotacións. A obra distribuirase por centros de ensino e quere servir como un complemento para as visitas que os escolares fagan a estes espazos.