Comeza o Abril dos Libros en Pontevedra

Chegou o abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ano máis, o Concello de Pontevedra acolle ao longo destes trinta días as actividades do Abril dos Libros. Este programa inclúe a presentación dun libro disco sobre Celso Emilio Ferreiro, a actuación do cómico Rober Bodegas ou a representación da obra “A busca do tesouro”, canda a charlas, obradoiros, e actos institucionais. A iniciativa comeza hoxe coa inauguración da Feira do Proxecto-Edición que organiza a Consellaría de Cultura e mais o Centro Galego de Arte Contemporánea.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Feira, Concello de Pontevedra, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)