Diferentes proxeccións servirán para conmemorar o aniversario da cidade da Coruña

O CGAI e a cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Centro Galego de Artes da Imaxe quere homenaxear á cidade na que ten a súa sede, A Coruña, agora que esta cumpre 800 anos. Por iso, ata final de ano programa, en colaboración co concello herculino, diferentes filmes que teñen relación coa cidade: ben porque serviu de escenario dalgúns deles, ben porque participaron personalidades ligadas ao cine procedentes da cidade (directores, guionistas, produtores ou actores). “Blanca Madison” (Carlos Amil, 2000), “Camarote de lujo” (Rafael Gil, 1957) e diferentes curtametraxes que permitirán un percorrido fílmico pola evolución da cidade son algúns dos títulos programados para este mes de abril.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, CGAI, Carlos Amil, Cine...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares