Santiago contará cun centro para investigar a historia gráfica, sonora e documental da cidade

Cidade con centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Centro Ánxel Casal

Centro Ánxel Casal

Santiago é unha cidade singular con moita historia. Por iso, a concellaría de Cultura acaba de presentar o proxecto de recuperación arquitectónica e os contidos dun centro que se encargará de analizar e investigar o seu pasado para dalo a coñecer. O centro leva o nome de Ánxel Casal, está situado na rúa Galeras e contará, entre outros, cunha fototeca que compilará as imaxes da cidade, cun arquivo oral, cunha biblioteca e con diferentes espazos para acoller propostas culturais e artísticas dos artistas locais. Ademais, o centro tamén promoverá 5 proxectos anuais que se centrarán en tres temas: “Historia de Compostela e recuperación da memoria histórica”; “Compostela hoxe” e “A proxección exterior de Compostela”.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Ánxel Casal, Memoria Histórica, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas