Nunca se falara tanto da relación entre a vida humana e os edificios ata o atentado do World Trade Center. E este feito pode ser tamén o que desluzca a última exposición de escultura de Pedro Morlán. Chámase "De torres e peóns" e pretende incidir na fraxilidade da vida humana. E esta non é a única mostra que se inaugura estes dÃas xa que en Pontevedra Olga Reinoso exhibe os seus bodegóns, e Caruncho leva as súas últimas obra á sala Atlántica.
"De torres e peóns"
O escultor e pintor Pedro Morlán enche estes dÃas a sala da do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) coa súa mostra "De torres e peóns". Unha exposición que se centra na idea dos edifcios como "unha manifestación fÃsica do poder dos obxectos". Onde as obras que compoñen a exposición centraranse en recrear a expresión artÃstica dos propios edificios.
Morlán é de formación autodidacta e no seu curriculum figuran numerosas colaboracións noutras disciplinas (o literario, o pictórico); ademais xa foi galardoado con varios premios, como un de relato curto promovido polos departamentos de español das cinco universidades de Washintong D.C., que obtivo en 1988.
As froitas de Olga Reinoso
Olga Reinoso é ferrolana de nacemento, pero ourensá de adopción. De feito é na cidade das Burgas onde ten instalado o seu estudio de arte, no que recreou a obra que expón estes dÃas na sala Teucro de Pontevedra. Unha obra na que recolle estampas cotiás, de froitas e de manteis, desde un punto de vista intimista. Unha obra que chega a Pontevedra dentro do programa de promoción dos novos valores por parte da Xunta de Galicia.
A súa obra creativa destaca pola busca constante de perfección do obxecto representado asà como da súa intensa e lucida policromÃa que pretende recoller a visión persoal da autora.
Branco sobre Branco
LuÃs Caruncho é un experto en arte, pero desde todos os puntos de vista. Director do Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa e asesor da Fundación Barrié da Maza, Caruncho non abandoa a súa obra creativa. De feito, estes dÃas estrea os seus últimos traballos na sala Atlántica da Coruña. Unhas mostras que recollen cadros de composicións policromaticas efectistas que titula "Brano sobre branco". Un tÃtulo que pretende recuperar parte das súas experiencias vividas cando trasladou o seu domicilio a unha localidade andaluza. Unha exposición pictórica que está completada con seis gravados acompañados por numerosos poemas de coñecidos autors: Manuel Rivas, Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Pilar Pallarés, Xavier Seoane e Xulio Valcárcel.