Ferrol é o segundo destino no percorrido da exposición sobre Laxeiro

A voltas coas mostras

O pasado mes de xuño cumpríronse cinco anos do pasamento dunha das personalidades máis importantes da plástica galega. A de José Otero Abeledo (1906-1997), máis coñecido como "Laxeiro". Por ese motivo, a o concello da súa localidade natal, Lalín, e a Fundación que leva o seu nome decidiron organizar unha mostra que levase por toda Galicia os traballos pictóricos que o artista donou en vida ó Concello de Vigo. Unha colección que se estrenou en Lalín e que chegará, o vindeiro día 24 á Sala de Exposición do Porto de Ferrol. Unha das moitas mostras que se poden apreciar estes días.

Laxeiro-Lalín-Ferrol




Malia que Laxeiro naceu en Lalín, desenvolveu durante a súa vida a súa tarefa creativa en numerosas localidades. Estadías que foron abrindo e pechando épocas nel e que deixaron unha fonda pegada que plasmou nas súas obras. Sen embargo, se hai unha cidade que realmente marcou a súa vida e a súa obra, esta foi Vigo, na que viveu os últimos anos. Unha cidade que crearía unha Fundación que leva o seu nome "Fundación Laxeiro", e á que donaría a súa colección privada, que está formada por uns 64 cadros. Unha mostra dos diferentes estilos e épocas creativas polas que pasou. Desa mostra se seleccionaron entre uns 20 e 30 cadros que forman parte da exposición que se levará de xira por Galicia e que comprende cronoloxicamente entre os anos 32 e 90.

Polo demais, a exposición fixo a súa estrea en Lalín, onde se pode visitar estes días no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa. E que despois chegará ó concello de Ferrol o vindeiro día 24, onde se poderá ver ata o 18 de novembro na Sala de Exposicións do Porto.












Mostras con colorido


E deixamos Ferrol para trasladarnos a Ourense. Concretamente ó Edificio Simeón que alberga a última exposición do pintor Lucian Couselo. Unha mostra de 48 obras que pretende recoller a evolución pictórica e o colorido das súas obras realizadas ntre 198 e 2001. Con moita cor e a gran tamaño tamén destaca a obra de Xaquín Chaves que expón na sala lucense "Clérigos". Un último traballo formado por nove cadros centrados en aspectos cromáticos nos que ofrece unha experimentación entre as diferentes técnicas empregadas.