Explicar a arte contemporánea a quen pode ter máis problemas para entendela é o espÃrito con que nace o Servicio Pedagóxico do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). E neste curso, ademais das súas habituais actividades dedicadas a nenos, familias e centros de ensino, comezou este luns un programa de visitas guiadas para persoas da terceira idade. Outra iniciativa para aprendermos sobre arte é "El no se qué de la pintura y el arte en general", un libro que recompila aforismos e reflexións de Luis Seoane sobre a estética e que se edita acompañado de serigrafÃas da artista Matilde MarÃn.
Terceira idade e contemporaneidade
Despois de anos desenvolvendo actividades para nenos, estudiantes de primaria e de secundaria, adultos, profesores e universitarios entre outros, o Servicio Pedagóxico do Centro Galego de Arte Contemporánea amplia neste curso as súas actividades á terceira idade.
Con esta nova actividade preténdese tanto introducir ás persoas maiores na arte contemporánea coma para comprender como ven este tipo de manifestacións desde a idade e a experiencia.
A actividade consiste nunha visita guiada que está aberta a todos os colectivos que a soliciten previamente. A visita desenvolvese ente as catro e as seis da tarde e vai precedida dunha breve conversa na que se explica como funciona o CGAC e para que foi creado, asà como as peculiaridades arquitectónicas do centro. Despois da visita realÃzase un café coloquio no que se recollen as impresións dos visitantes e se poñen en común os seus puntos de vista.
O primeiro grupo en participar nesta actividade estivo composto por varias veciñas de Compostela que, segundo os traballadores do centro, amosaron interese e respecto polas obras que vÃan, aceptando manifestacións que recoñecÃan non entender en ocasións.
A estética de Seoane
A visión da estética de Luis Seoane, un dos pintores galegos máis internacionais, estará máis clara a partir de hoxe gracias a "El nose qué de la pintura y el arte en general", un volume que recolle aforismos e reflexións do pintor sobre estética que estaban inéditos ata o de agora.
O libro, que se presentou onte, reproduce textos manuscritos do pintor conservados pola súa viúva MarÃa E. Fernández, e foi editado pola editorial galego-parisina Raiña Lupa. A edición, que é só de cento vintecinco exemplares, inclúe serigrafÃas realizadas pola artista Matilde MarÃn e inspiradas nos textos do pintor. Precisamente os comezos de MarÃn no gravado realizáronse a partir da obra de Seoane na Escola de Belas Artes de Buenos Aires.
A obra presentouse onte na sede da Fundación Luis Seoane da Coruña, e ó acto asistiron ademais da viúva do pintor, destacados persoeiros coma Issac DÃaz Pardo, que coñeceu a Seoane no exilio sudamericano.