A Consellaría de Cultura reactiva a Comisión de Etnografía

Comisión etnográfica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde 1995 non funcionaba a Comisión Técnica de Etnografía da Consellaría de Cultura. Agora, este departamento acaba de se pór en marcha de novo para desenvolver as súas tarefas de asesoramento nos ámbitos de documentación, investigación e protección do patrimonio inmaterial do país. No organismo, ademais de tres membros da Dirección Xeral de Patrimonio, estará presente un representante de cada unha das tres universidades, un membro do Consello da Cultura, outro do Museo do Pobo, un dun museo etnolóxico e dúas persoas de prestixio no campo dos estudos antropolóxicos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Etnografía, Dirección Xeral de Patrimonio, Antropoloxía, Museo do Pobo Galego...