O Museo do Pobo recoñecido como 'referente de país' polo Premio Fernández Latorre

O xurado valorou a súa traxectoria de 43 anos protexendo o patrimonio e a súa proxección de futuro

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeHistoria
Compartir:

O Museo do Pobo Galego, por medio do presidente da súa Xunta Rectora, Justo Beramendi, recolleu onte do Premio Fernández Latorre, outorgado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Segundo a acta do xurado constituído polos membro do padroado de dita fundación vencellada ao xornal La Voz de Galicia, "desde o seu nacemento en 1976, o Museo recolle e protexe o patrimonio histórico e antropolóxico que configura o sentir dos galegos como un pobo". O xurado valorou especialmente o compromiso do Museo do Pobo en promover a investigación, a conservación, a divulgación e a defensa da cultura material e inmaterial de Galicia. Ademais consideran ao MPG como "un referente de país con proxección de futuro". O galardón, ademais deste recoñecementos e valoracións, supón un premio en metálico de 10.000 euros.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Justo Beramendi, Museo do Pobo Galego, La Voz de Galicia