Finou en Madrid Eugenio Granell o último representante do surrealismo

Adeus a Granell

Esta noite finou en Madrid "a libertad, a poesía e o amor". Así definía ó surrealismo Eugenio Granell na última entrevista que lle fixo La Voz de Galicia. Con el desaparece máis que unha personalidade artística, o último exemplo dun movemento internacional que quixo representar o mundo a través do subconsciente. Granell foi o surrealismo na súa máxima expresión, pero non só iso, na súa propia vida fixo unha expresión surrealista. Amante da música, da arte e do xornalismo, tivo amigos da talla de Andre Breton e Wilfredo Lam, percorreu medio mundo buscando e achegandose a expresións culturais de países diferentes que representar na súa obra máis etnográfica. Unha mostra que acolle unha Fundación que leva o seu nome en Santiago, localidade que o veu crecer no amor á arte e á música. Surrealismo puro.

Granell persona




Ós seus case noventa anos Eugenio Granell falaba despacio e con voz moi pausada, a que a súa idade e o seu recordo lle permitía. Pero Granell era firme nas súas declaracións e afirmacións, un exemplo de constancia e vitalidade que amosou sempre na súa vida. Naceu na Coruña en 1912 , pero trasladouse pronto a Santiago, a súa cidade de adopción, onde estudiaría o bacharelato e entraría en contacto cos estudios de música. Unha das súas paixóns que non abandonaría nunca e que lle serviría de modo de vida en numerosas ocasións. Marchou de moi novo a Madrid, de onde se tivo que exiliar en 1939 cando o exército republicano antifascista no que militou foi derrotado logo da Guerra Civil. E no seu exilio fixo un percorrido por numerosos países americanos. Doutourado en Socioloxía e Antropoloxía na New School for Social Research en Nova York o que lle abreu a porta da docencia de numerosas actividades norteamericanas. Tralo seu periplo por Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico, Os Ánxeles (California) e Nova York, en 1985 regresou a Madrid, onde residiu os últimos anos da súa vida. Onde non cesaría na súa actividade como ilustrador, creador e pensador. Esta tarde será enterrado en "La Olmeda de las Fuentes" (Madrid) onde Granell posuía un estudio.













Granell obra


Cando trala guerra Civil Eugenio Granell se tivo que exiliar entrou en contacto co movemento surrealista. Foi exactamente en 1941, da man do máximo representante do movemento, Andre Breton. De quen precisamente a fundación que leva o seu nome acaba de pechar unha exposición que contou coa presencia do artista francés. Foi ahí cando Granell se fixo un devoto do surrealismo e foi plasmando na súa obra o mundo e a realidade exterior desde o seu propio subconscente. Precisamente o seu legado é o último bastión do movemento surrealista en España (en Galicia, xunto con Maruja Mallo é o único exemplo de surrealismo puro) e probablemente con todo o mundo.
Os seus estudios de antropoloxía permitiulle trasladar a súa obra un carácter etnográfico, un mundo imaxinario e mitolóxico que foi plasmando coa súa obra. Unha obra que se plasmou en infinidade de soportes e que se pode apreciar na Fundación Granell que ten a súa sé no Pazo de Bendaña.










Granell Figura


Eugenio F Granell foi pintor, escultor, escritor, ilustrador e profesor. Os seus noventa anos foron intensos e completos. Amigo dos seus amigos, tiña entre eles unha abondosa lista de nomes moi coñecidos: Luis Seoane, Andre Breton, Wilfredo Lam, Juan Ramón Jiménez. No seu curriculum figuran libros de ensaios, novelas, contos e poesías, todos eles escritos desde unha óptica surrealista. Entre as súas obras destacan "A novela o indio Tupinamba" onde relata unha visión surrealista; "Isle cofre mítico", "Picasso´s Guernica" ou "The End of a Spanish Era".
E unha personalidade como a súa non estivo exenta de premios nin de méritos e recoñecementos. Hai pouco recibíu a Medalla de Ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid, foi nomeado fillo adoptivo da cidade de Santiago, Premio da Comunidade de Madrid á Creación Plástica e o Premio Iglesias das Artes. Pero non só iso, é obxecto de numerosos análises en Congresos (Santiago celebrou un este ano sobre a importancia da súa figura), Xornadas e Conferencias. Numerosas facetas de análise dun home, practicamente inabarcable.