Ferrol homenaxea ó artista Tomás Barros ós quince anos da súa morte

Lembranza de Tomás

Un artista nacido en toledo e adoptado pola cidade de Ferrol onde residiría a maior parte da súa vida, Tomás Barros, será homenaxeado polo concello durante o vindeiro mes de novembro. "Tomás Barros en el recuerdo 1922-1986" é o nome dun programa que comprende diferentes actos que percorrerán as disciplinas artísticas desenvolvidas por Tomás Barros, e que foron desde a pintura á música, o teatro ou o ensaio.

Mesa redonda, poemas e teatro




Unha mesa redonda abre o venres os actos de homenaxe ó multifacético artista. Isaac Díaz Pardo, Miguel Carlos Vidal e Mario Couceiro, compañeiros deTomás Barros na revista "Aturuxo" falarán da figura dun artista que coñeceron moi ven. Onda eles, Luis Alonso Girado, do Centro Ramón Piñeiro e responsable da edición facsímil da revista , Antonia López García, estudiosa da obra poética de Barros,también aportarán as súas visións sobre o homenaxeado.
Ademais da mesa redonda, ese mesmo día ás sete e media da tarde inaugurarase no Centro Torrente Ballester da cidade unha mostra retrospectiva comixariada por Andrés Mosquera.

O día dez será o turno da lembranza da obra poética de Barros. Poetas das dúas cidades máis destacadas na vida do artista realizarán un recital colectivo ás oito e media da tarde no centro cultural. Textos de Barros e textos na súa lembranzaserán recitados por Luz Pozo, Miguelanxo Fernán-Vello, Ánxeles Penas, Xuslio Valcárcel, Manuel Álvarez Torneiro, Xabier Seoane, Lino Braxe, Ana Abelenda, J. Manuel Cairo, Xosé Leira, Rosa Méndez, Charo Castro, Daniel Sande, Antón Igrexas, Tonia Vázquez e Elia Rico.

E para o día dezasete chegará o turno do teatro. O grupo coruñés Talía porá en escea a obra "Cos ollos de morto" escrito polo homenaxado. A peza estreárase en 1986 e trata sobre as orixes da violencia no ser humano e o cumprimento do destino.












Libros e monografías


A Sociedade Artística Ferrolá sumarase á homenaxe a Tomás Barros cun número mnoográfico da súa revista na que se inclúen poemas inéditos deste autor onda colaboracións de poetas e discípulos seus.
Aínda están por fixar as datas en que a Galería Sargadelos de Ferrol acollerá a persentación de tres obras sobre Tomás Barros publicadas por Ediciós do Castro.
O primeiro dos libros será un volume de teoría estética que inclúe a reedición facsimilar de "Los procesos abstractivos da arte contemporánea", un ensaio que Baros publicara en 1955. Onda este, pode lerse o ensaio inédito "Ritmo y abstracción".
O segundo dos volumes que se presentarán é "El espantapájaros", un poemario escrito por Barros cara a 1950 e que non se publicara antes pola censura. O libro incluirá ilustracións de Isaac Díaz Pardo.

Finalmente, "El primer Tomás Barros" recollerá unha selección de poemas e textos escritos polo artista en Ferrol durante os anos cuarenta.