Caixanova pretende ser a entidade que vertebre culturalmente a cidade de Vigo. E esa pretensión de mecenazgo da cultura olÃvica concrétase na sinatura de múltiples convenios de colaboración da entidade financeira co concello. O primeiro deles chegou onte coa fundación Laxeiro co que pretende contribuir a difundir a figura do artista lalinense. E o segundo deses acordos, en proceso de redacción e sinatura, establece que Caixanova e o Concello xestionarán o padroado do futuro Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) que ten prevista a súa inauguración para outubro do 2002.
Caixanova con Laxeiro
Con 6 millóns de pesetas Caixanova pasa a ser a terceira fonte de financiamento da Fundación Laxeiro. Dos 52 millóns de presuposto co que conta esta fundación 32 apórtaos a Xunta, 4 a Deputación Provincial e o Concello de Vigo 10 millóns de pesetas.
En virtude do acordo asinado onte entre Julio Gayoso, director de Caixanova, e Carlos PrÃncipe, concellal de cultura, a primeira actuación pretende difundir a figura de Laxeiro. E isto farase mediante unha exposición (titulada "Isto faino calquera, claves para entender a arte contemporánea) que rotará por 20 localidades do 9 de novembro ó 23 de decembro. A exposición está formada por 35 pezas que pertencen á colección permanente de Caixanova.
Pero a exposición non vai a ser só a única actividade que se desenvolve no marco deste convenio, xa que tamén figura un ciclo de conferencias ("Aproximación a dez conceptos da arte contemporánea) que teñen o mesmo fin: divulgar a arte contemporánea e a figura de Laxeiro
E co Museo de Arte Contemporáneo
Na sinatura do acordo de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a entidade financeira Caixanova, tanto Gayoso como PrÃncipe afirmaron que ambas as dúas entidades que representan xestionarán o padroado do futuro Museo de Arte Contemporánea.
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo será un centro que ten como principal cometido servir de punto de unión entre a cultura latinoamericana e a europea, servindo de espello do fenómeno migratorio vencellado á cidade. O edificio situarase nos antigos xulgados da rúa PrÃncipe e o director do proxecto artÃstico é Bartomeu MarrÃ, que é o actual director do museo de Rotterdam e que tamén formou parte do equipo que fundou o Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM). Mentres se entra na última fase de construcción do edificio, desde o concello continuanse elaborando convenios de colaboración con outros edificios. Entre eles destacan os museos de Burdeos, Palermo, Gotemburgo, Valencia e Porto.