Lomarti leva as súas esculturas máis orientais a Corea

Esculpe, que algo queda

O chantadino Juan José López Martínez, máis coñecido como Lomarti, foi o único galego no Spanish Scupltor Symposium 2001. Un simposio que se celebrou na cidade coreana de Kwangiu (da provincia de Kyonggi) e na que Lomarti desenvolveu unha das súas creacións inspirada na cultura coreana. Ademais, a escultura ten estes días outra referencia; é Acisclo Manzano, que leva as súas últimas creacións á sala de exposición do porto de Ferrol.

A escultura máis coreana




Lomarti foi o único galego no Spanish Sculptor Symposium, o certame que organiza a Fundación Cultural do goberno de Kyonggi en colaboración co Centro de Estudios internacionais da Universidade Autónoma de Barcelona. Un certame que levou a 27 artistas á localidade de Kwangiu. Alí estiveron do 4 ó 26 de agosto desenvolvendo o programa coa axuda de estudiantes de arte coreanos, cando as obras estaban suxeitas a proxecto previo.
Durante este período de tempo o chantadino desenvolveu un proxecto que pretende amosar o que máis lle chamou a atención da sociedade coreana. Á escultura resultante chamoulle "O gardián da casa de Oriente", e malia contar cun proxecto de desenvolvemento previo, gozou de numerosas modificacións feitas "in situ". Lomarti quixo reflectir coa súa escultura "a relación do individuo coa naturaleza e a disciplina coa que se comportaban en todos os seus aspectos".

Todas as obras da mostra pasarán a formar parte dun grande parque temático que está construido nunha montaña da localidade de Kwangiu (da provincia de Kyonggi), que está situado preto dos parques adicados a Gaudí e á arte mediterránea.












e Manzano en Ferrol


As últimas creacións do escultor Acisclo Manzano estarán, desde o vindeiro día 20 de setembro, na sala de exposiciones do Porto de Ferrol. Esta exposición recolle a súa serie "Maternidades" así como numerosas figuras femininas realizadas en bronce, que teñen a muller como eixo fundamental das súas creacións. A exposición contará coa presentación de Arturo Lezcano, membro da Fundación Otero Pedrayo.

O ourensán Acisclo Manzano destaca polas súas creacións artísticas en bronce, polas que obtivo o Premio Nacional de Escultura. Na actualidade a súa obra permanece exposta nos centros museísticos máis importantes de Galicia.