Xigantes a tomar o sol. Portas no medio da nada. Rodas xigantes. A paisaxe da Paradanta estase a ver invadida polas formas máis estrañas, doce esculturas e intervencións que aparecen nos lugares máis insospeitados. Esta mestura de arte e de paisaxe é posible gracias ó programa de bolsas A Paradanta-Leader II de Intervención Artística en Espacios Naturais.
Bolsas para artistas
A primeira convocatoria de becas A Paradanta-Leader II de Intervención Artística en Espacios Naturais forman parte do plano de dinamización social, cultural e económica que está desenvolver a Mancomunidade de Concellos da Paradanta cos fondos do Plan Leader II da Unión Europea para desenvolvemento der zonas rurais.
As bolsas consistían nunha remuneración simbólica de trescentas mil pesetas para o artista recoñecemento do seu traballo e dúascentas cincuenta mil máis en concepto de orzamento para realizar a obra.
A estas bolsas presentáronse setenta e dous proxectos de intervención nos diferentes concellos da mancomunidade, dos que se seleccionaron doce obras. O xurado, composto por críticos e artistas, atendeu á calidade da obra en si e á súa idoneidade para o contorno no que se ían situar. Algúns dos proxectos presentados xa sinalaban o espacio no que se ían situar as esculturas, mentres que a localización doutras foi escolleita polo xurado. Segundo o xurado, moitas das obras descartadas presentaban inconvintes como ter pouca durabilidade, non se axustar ó orzamento ou precisar moito tempo para a súa realización.
As obras
As doce obras seleccionadas poden considerarse na súa maioría esculturas que se sitúan nun contorno natural. Hai dúas obras, sen embargo, que son intervencións no medio e precisan da participación do público, que debe interpretar os textos sobre o lugar que as compoñen.
Entre os materiais dos que se compoñen as obras predominan as diferentes variedades de aceiro, a pedra, o formigón e diferentes materiais sintéticos.
As doce obras resultado destas intervencións distribúense a razón de tres por cada un dos concellos de que conforman a Mancomunidade da Paradanta, é dicir, As Neves, Arbo, A Cañiza e Covelo.
Así, en As Neves xa se pode ver o conxunto de portas metálicas elaboradas por Carlos Tejo co nome de "punto de partida" onde se pode ver o "Xigante" deitado de catro metros realizado en ferro e cemento por Mario Iglesias. Está pendente aínda de finalización a roda de granito de dez toneladas que Manuel Rial Pérez relizou para a lomba do barrio de Redondela.
O paseo onda o Miño, en Arbo, acolle as esculturas realizadas neste concello, concretamente "Al margen de la historia" de María del Mar Rodríguez, "Cámara escura" de Susana Rei e "Tréboles armados" de Lois Corvera.
Pola súa banda, o Concello de Covelo recuperou o espacio dunha antiga canteira, coñecido como Fervenza dos Cans, para situar nel "Espacio Natural Protexido" de Juan Bosco Caride, e as obras propostas por José Luis Álvarez Seara e Xosé Carlos Barros.
O Carballo do Marco, nas proximidades do camping da Cañiza acolle os "Nidos" de José Eugenio Marcheis, "Entra no rego" de María José Fernández Iglesias e "O tendal do titán" de Pedro Pablo Domínguez.