O CGAC abre a temporada exhibindo as últimas adquisicións da Fundación ARCO

Colección de arte

No mes de setembro comezan a inaugurarse as novas programacións. E o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) tampouco vai ser unha excepción. De feito, desde hoxe pódense apreciar unha nova mostra. Unha exposición que trae a Compostela as últimas adquisicións da Colección Fundación ARCO. Un evento que trae pintura, fotografía e video de artistas internacionais que precisan da interpretación do público. Pasen e interpreten.

Singular montaxe




O principal da mostra que do 11 de setembro ó 30 de novembro vai acoller o CGAC céntrase na súa montaxe. Unha posta en escea que pretende orientar ó público sobre o significado das súas obras. Ademais, expertos do CGAC advertiron da necesidade dunha interpretación activa (coa propia experiencia persoal de cada quen) para poder comprender o tema e o seu significado de cada unha das obras expostas.












Mostra de diferentes disciplinas


Pintura, fotografía e vídeos de artistas internacionais como Allan Sekula, Luisa Lambri, Pedro Mora, Jean-Luc Moulêne ou Arturo Herrera son algúns dos autores da exposición que agora comeza.
Por ese mesmo motivo desde hoxe poderase contemplar a mostra dun suxeito activo de Rochelle Costi, Candida Höfer, Luisa Lambri e Pedro Mora.

Ademais, aportando a referencia do cotiá dos autores, nas salas do CGAC tamén se poderán atopar obra de Ana Jotta, Navin Rawanchaikul, Anri Sala e Allan Sekula.











E máis obras a a engadir


E a partires do mes de novembro a mostra completarase coas compras que o CGAC realizou durante os últimos meses. Unha exposición que se ubicará na planta baixa do centro e que inclúe obras de autores tan coñecidos como Stephan Balkenhol, Vari Caramés, Johan Guimonprez, Patricia Hoeppe, Francisco Leiro, Álvaro Negro ou George Rousse, entre outros.
Dentro da programación para estes tres meses tamén destaca a mostra de Salvador Cidrás (Vigo, 1968), un novos valores da pintura galega. Na exposición amosará a a súa evolución e expertmientación arredor dos materiais, formas e soportes.