Vigo abrirá as retrospectivas que traerán a obra de Fernando Botero a España

As gordas chegan a Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A monumentalidade e a orixinalidade de Fernando Botero chegará á Casa das Artes de Vigo no último trimestre do ano da man do Concello e da Fundación Caixa Galicia. A entidade financeira continúa nas liñas das exposicións de gran formato que xa iniciou con Frida Khalo ou Tamara de Lempicka, e súmase ao proxecto do artista que prometera traer a Valencia e a Barcelona dúas retrospectivas da súa obra. A exposición fai parte do convenio asinado entre a Fundación e o Concello Olívico polo que a entidade investirá 900.000 euros en actividades culturais e millón e medio máis a través da Obra Social.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O circo de Abu Ghraib

O circo de Abu Ghraib

Fernando Botero denuncia con pinturas e debuxos o horror da prisión iraquí Abu Ghraib

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Exposicións, Fundación Caixa Galicia, Casa das Artes...