O circo de Abu Ghraib

Fernando Botero denuncia con pinturas e debuxos o horror da prisión iraquí Abu Ghraib

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O circo de Abu Ghraib

A Fundación Caixa Galicia e o IVAM achegan desde onte en Vigo unha visión artística dun dos feitos máis dramáticos da historia recente: as torturas e vexacións realizadas na cadea de Abu Ghraib. En 95 obras, o pintor Fernando Botero (Medellín, Colombia, 1932) reflexiona sobre o horror e a barbarie cometidos polos soldados americanos contrapoñendo o cárcere á visión onírica dos espectáculos circenses. A mostra, que leva o título “Fernando Botero. Abu Ghraib. El circo”, poderase ver na Casa das Artes en Vigo ata o 1 de febreiro.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Casa das Artes, Fundación Caixa Galicia, Colombia