Trescentas fotografías sobre a vida de refuxiados en todo o mundo achegaranse ata Galicia entre o trinta de outubro e o dous de novembro da man de Caixanova. O seu autor, o brasileiro Sebastião Salgado está considerado en todo o mundo como un dos mellores fotógrafos da actualidade e ten dedicado a súa obra a documentar a situación de miseria que viven diferentes colectivos de todo o mundo. "Éxodos" está considerada coma unha das mostras de fotografía máis importantes que se están a desenvolver en todo o mundo nestes intres.
Exposicións simultáneas
As trescentas fotografías que compoñen esta mostra poderán verse simultaneamente en Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela. Máis concretamente será o Centro Cultural Caixanova de Vigo, a Aula Cultural Caixanova de Ourense, a Sala de Cultura Caixanova de Pontevedra e colexio Fonseca e a Igrexia da Compañía en Compostela os recintos que acollerán a arte de denuncia do brasileiro. Esta é a primeira ocasión en que esta mostra, último traballo de Salgado, chega a Galicia.
Éxodos
A mostra que chega agora a Galicia é o resultado de seis anos de viaxe que levaron a Sebastião Salgado a corenta países de todo o mundo nos que o fotógrafo retratou os habitantes dos campos de refuxiados, os exiliados na súa fuxida ou os que se viron empurrados a emigrar ás cidades.
Con este traballo, o fotógrafo pretende pór de relevo a dramática realidade que viven na actualidade milleiros de persoas que deben enfrontarse a vivir en contornos cambiantes, lonxe das súas comunidades e en moitos casos sen as súas familias.
Ademais da mostra, o traballo de Sebastião Salgado arredor do tema dos refuxiados está recollido nos volumes "Éxodos" e "Retratos dos nenos do éxodo" e nas diferentes conferencias e cologuios que o fotógrafo desenvolve ó longo de todo o mundo.
Os eixes da mostra
As fotografías de Salgado organízanse arredor de cinco grandes eixes temáticos. Por unha banda existe unha serie de fotos que retratan a situación de emigrantes e refuxiados, exiliados que marchan do seu fogar buscando a supervivencia.
Un segundo eixe da mostra é o retrato de África como continente enfrontado a graves problemas e a continuas catástrofes humanitarias que provocan o desprazamento de milleiros de persoas.
Latinoamérica e os problemas que sufren as súas cidades ante un masivo éxodo rural é outro dos eixes da mostra, arredor do que se nos ensinan as condicións en que viven eses novos cidadáns.
Asia é outro continente que recolle a atención do fotógrafo polas dificultades en que se encontra co rápido crecemento das cidades.
Unha quinta sección da mostra está dedicada en exclusiva ós nenos que viven en campos de refuxiados, poboados de chabolas e diferentes asentamentos de éxodos.