A traxectoria artística de Rafael Baixeras chega a Madrid

De vivos e de mortos

Doce anos despois da súa morte, o legado artístico de Rafael Baixeras (A Coruña, 1947- Segovia, 1989) chega a Madrid. Promovido polo Centro Galego de Arte Contemporánea a Sala Julio González do Ministerio de Cultura en Madrid acolle trinta cadros e corenta debuxos dun dos pintores máis críticos e autocríticos da súa xeración. Ademais, as exposicións pictóricas complétanse con Antón Goyanes en Vigo e as xornadas "O oficio do pintor" en Ferrol.

A crítica de Baixeras




Rafael Baixeras ten no seu haber estar considerado como un dos pintores máis críticos da súa xeración. Nas súas creacións pictóricas Baixeras quixo reflectir a súa resposabilidade ética.
A exposición que se pode ver desde onte na Sala Julio González do Ministerio de Cultura está dividida en tres etapas. Unha primeira na que destacan as súas paisaxes sintéticas, compostas para a Bienal de Sao Paulo de 1977; a segunda céntrase nas obras da década dos 80 na que comezou a plasmar motivos cotiás. E o último apartado, que abrangue cronoloxicamente a finais dos oitenta, e que mostra os seus momentos máis drásticos, atrevidos e maduros. Unha exposición que está formada por trinta cadros e corenta debuxos.












O expresionismo de Goyanes


O centro cultural Caixanova continúa coa súa serie de "Grandes artistas galegos". E nesa aportación por catalogar os artistas plásticos da Comunidade tócalle a vez a Antón Goyanes (Monforte de Lemos, 1934). Este artista instalado en Vigo desde 1960, iniciou a súa tarefa expositiva en 1969, momento no que entrou en contacto con numerosas formas creativas. Formou parte do Grupo Atlántica con Menchu Lamas e Antón Patiño, e as súas creacións estiveron presentes en diversos foros artístico nacionais e internacionais.
Anton Goyanes declárase de formación autodidacta, fundaméntase no expresionismo pero cun emprego da cor fluída e líquida que aproveita para marcar os seus trazos en pincel.






"O oficio do pintor"


Mariano Casas foi o encargado de iniciar as clases de pintura das xornadas "O oficio do pintor" que se desenvolven na Escola Aberta de Arte. Unhas xornadas que pretenden servir de instrucción á creación pictórica. Se onte, na primeira xornada se abordou o desnudo. A xornada de hoxe contará coa presencia do debuxante e humorista Siro López; e encargarase de pechar as xornadas Antonio García Patiño.