David Rubín encabeza a participación de autores galegos en publicacións de BD foráneas

Saíndo fóra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha historia de doce páxinas será o debut transoceánico do ourensán David Rubín. A revista arxentina “Ex Abrupto” acollerá no seu número catro, a piques de saír de imprenta, unha obra deste autor. Rubín participará tamén no álbum colectivo de Bizancio Ediciones “Desde el abismo”, que achega relatos de terror en banda deseñada. Canda a el, haberá obras dos galegos Brais Rodríguez, Carlos Arrojo e Diego Blanco. En total son 152 páxinas que os nosos autores comparten con pesos pesados coma Max ou Pere Joan. Pola súa banda, a revista portuguesa “Venham+5”, que publica a Bedeteca de Beja, está a fechar as colaboracións para o seu vindeiro número. Polo momento está xa confirmada a presenza, unha vez máis de Rubín, Enma Ríos, Kike Benlloch, Kiko da Silva e Diego Blanco coma autores desta banda do Miño. Canta a eles, case corenta creadores, maioritariamente portugueses, integran a nómina desta publicación fundamental na BD lusa.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Diego Blanco, Kiko da Silva, Kike Benlloch...