Autores galegos publican historias breves en diferentes publicacións

Ramón Marcos, Kike Benlloch, Brais Rodríguez e Diego Blanco achegan colaboracións

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O novo número de Galimatías, revista quincenal de El Patito Editorial achega a primeira entrega en galego do Vento do Norte de Alex Cal, traducida da edición americana. Ao tempo, anuncia o que será o retorno de Ramón Marcos á banda deseñada, unha serie chamada Silvana, a filla do explorador que comezará en vindeiras entregas. Pola súa banda, o número da revista Dos veces breve que se presentará no Saló del Còmic tamén ten presenza galega. Unha historia de Kike Benlloch e Brais Rodríguez fai parte deste Especial Espadas. Benlloch guioniza tamén unha colaboración con Diego Blanco para o Venham + 5 publicación que se presenta no Festival de Beja.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Blanco, Ramón Marcos, Kike Benlloch, Brais Rodríguez...