Un documental amosará o proceso creativo de catro autores galegos de BD

David Rubín, Alberto Vázquez e o dúo Benlloch-Blanco protagonizan o proxecto

28/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Na procura da besta é o título do documental co que Marcos Nine quere retratar o proceso de creación dunha BD. Os autores David Rubín, Alberto Vázquez e mais o dúo composto polo guionista Kike Benlloch e o debuxante Diego Blanco serán os exemplos polos que se vaia seguindo a evolución de cadansúa historia de seis páxinas desde o nacemento ata a edición dun volume que recolla estes traballos. Está previsto que tanto o documental coma a obra vexan a luz para comezos de 2009.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, David Rubín, Alberto Vázquez, Diego Blanco...