Caixanova expón en Vigo 120 carteis publicitarios antigos

Dos muros ó museo

Desde antes da aparición da radio ó comezo da súa convivencia coa televisión, a evolución do cartel publicitario en España pode verse ata o vindeiro dous de setembro ns Sala de Exposición Caixanova de Vigo. Os cento vinte carteis que compoñen a exposición proveñen da colección particular do profesor de Económicas Carlos Velasco, que posúe máis de tres mil destes posters.

Unha longa historia





A exposición recolle baixo o título "Cartelismo comercial en España (1870-1960), cento vinte mostras da producció publicitaria do Estado que empregaba este soporte. A mostra divídese en catro apartados segundo os temas dos anuncios: alimentación, bebidas, farmacia e droguería. En canto ó material do scarteis, hai de papel, cartón e chapa. Segundo Carlos Velasco, que comezou a súa colección en 1993, existe unha grande dificultade para datar con exactitude moitos dos carteis, xa que non era habitual asinalos nin poñerlles data. Isto leva a que en moitas ocasións haxa que recorrer a detalles coma os tipos de letra para situar cada exemplar nun período histórico concreto. Segundo Velasco, a mostra permite comprobar a evolución social en España durante noventa anos. Así a abundancia de anuncios de comida contrasta coa escaseza de artigos de luxo ou o retrato que se fai das mullers sinala a súa consideración social. Velasco sinalou que o período máis importante do cartelismo en España estivo comprendido entre os anos vinte e trinta, e que se viu truncado pola Guerra Civil.


















O factor galego



A presencia galega no cartelismo español de entre 1870 e 1960 tivo unha dobre vertente. Por unha banda a grande presencia de conserveiras no país fixo que o fluxo publicitario realizado desde aquí fose moi intenso. por outra banda, e aínda que non se poida falar dunha escola de cartelistas galegos, aquí estaba algúns dos máis destacados artistas neste eido, coma era Federico Ribas. Varios dos carteis de Ribas poden verse nesta mostra, entre eles un redactado en galego, o que era algo excepcional nese período. Esta é a primeira vez que os fondos da colección de Velasco poden verse en Galicia.