Exposicións, festivais e camiños turísticos celebrarán os 800 anos da fundación da Coruña

800, pero anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Entre Brigantium e A Coruña hai oitocentos anos de historia. Os que nos separan desde a carta que emitiu a Casa Real o 1 de xuño de 1208 e que supón a creación da cidade. E para conmemorar a efeméride, o concello herculino iniciará no mes de abril unha extensa programación que inclúe desde concertos a festivais de teatro, rutas históricas e homenaxes aos coruñeses máis ilustres (María Pita, Emilia Pardo Bazán, Santiago Casares Quiroga ou María Casares, entre outros). A programación contará cun orzamento de 1.5 millóns de euros (financiado ao 80% con cartos privados), e o núcleo central serán os actos de apoio á candidatura da Torre de Hércules a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Exposicións, Emilia Pardo Bazán, María Casares...